Ir o contido principal

"Toponimízate" chega a Arteixo para profundizar na súa historia

Achegar á cidadanía valiosa información sobre a historia do galego falado na súa contorna e sobre os modos de vida dos seus antepasados; fomentar o uso da lingua galega entre a xente máis nova e de buscar a participación de toda a comunidade nun proxecto cultural común son algúns dos obxectivos que persegue o proxecto "Toponimízate" que promove a Xunta de Galicia a través da súa Rede de Dinamización Lingüística  á que pertence Arteixo. 

O filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, estará este próximo 2 de decembro en Arteixo para falar de toponimia galega e de cómo os veciños poden colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos como as lendas a eles asociadas, de xeito que todos poidan colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial que debe se ser un orgullo.

A cita é  ás doce do mediodía no Auditorio do Centro Cívico Cultural. Pode asistir quenqueira, desde persoas individuais coma asociacións, estudantado, profesorado, ou persoal técnico municipal.

A entrada é libre até completar a capacidade.

Toponomízate