Ir o contido principal

Trece rapaces de Arteixo poderán participar na nova campaña de esquí da Deputación Provincial

A Deputación de A Coruña organiza a Campaña de Esquí 2018, que terá lugar na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, para nenos e nenas de toda a provincia, nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2007 e 2007. Os participantes gozarán de catro días na estación, ademais dos cursos de esquí.

Ao Concello de Arteixo concedéronlle 13 prazas para rapaces empadroados en Arteixo, correspondéndolle a primeira quenda, do 2 ao 5 de febreiro de 2018. O transporte desde a comarca, tanto de ida como de volta está incluído na oferta. Terán preferencia as persoas que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación.

Cada participante deberá aboar unha cuota de inscrición de 85 €.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

  1. PREINSCRICIÓN: As preinscricións deberán entregarse con data límite o 16 de xaneiro antes das 14.00 h
    • No Servizo Municipal de Deportes, na Avenida Arsenio Iglesias s/n de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h
    • Na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org
  2. SORTEO PÚBLICO. No suposto que existan máis solicitudes que prazas ofertadas (13) realizarase un sorteo público ante a Secretaria Municipal que terá lugar o mércores 17 de xaneiro ás 09.00 h no salón de plenos municipal.
  3. MATRÍCULA. As persoas que teñan praza adxudicada deberán a documentación de matrícula no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do venres 19 de xaneiro
  4. Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de espera.