Trinta modalidades para todos nunha nova edición do Día do Deporte na rúa
Baloncesto, fútbol, tenis, golf, rugby, ximnasia deportiva e ata kaiak. Serán 31 actividades distintas as que a Concellería de deportes pon en liza para celebrar, o próximo 30 de xuño, a XVIII Edición do Día do Deporte na rúa co que se pretende, ademáis de compartir unha xornada festiva, a sensibilización cara á práctica deportiva continuada; o acceso á práctica deportiva a cidadáns de todas as idades ou amosar a variedade deportiva como elemento demostrativo e motivador cara á creación de hábitos deportivos saudables.
A oferta deportiva complétase este ano coa presencia de dous tobogáns acuáticos con piscina.
O Servizo Municipal de Deportes destaca, un ano máis, a alta participación deste tipo de eventos que nas últimas edicións congregou a preto de 4000 personas das que 1500 participaron activamente nas distintas estacións deportivas distribuidas ó longo do paseo fluvial.
A xornada se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.00.
