Ir o contido principal

Un sorriso contra o cancro

O Auditorio Municipal do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolle o próximo venres, 1 de xuño, unha gala solidaria de comedia contra o cancro. 

Trátase dunha actividade promovida pola AECC de A Coruña en colaboración co Concello de Arteixo e que contará coa participación de destacados actores de comedia do panorama galego. 

Presentada por Manuel de Eva e Pepe Capelán, contará coa colaboración desinteresada de Tito Rober ou David Perdomo entre outros. 

As invitacións, ó prezo de cinco euros, pódense recoller en Modas Mebá, na Avenida do Balneario. Tamén hai unha fila cero para aportacións. É a conta ES45 2080 0000 7330 4001 8073