Ir o contido principal

Unha experiencia de cine para os máis pequenos

Maimiño é un pequeno campesiño que quere sacar a súa familia da pobreza. Por iso decide marchar á cidade xunto cos seus irmáns.  Alí descobren que un enorme carballo encantado ten o palacio do rei na penumbra e sen auga, e que o soberano prometeu outorgarlle o título de marqués e darlle á súa filla, a princesa Denise, en matrimonio, a quen corte a árbore e abra o pozo.

Maimiño e o espello máxico é o único filme de animación infantil galego e en galego.Trátase dunha coproducción galego-cubana  baseada na adaptación que sobre o clásico Polgariño  escribiu o escritor cubano José Martí, e que publicou no ano 1889 na revista "La edad de oro".

Dirixido por Ernesto Padrón, que contou coa colaboración como director convidado do galego Bruno López, Maimiño conta unha historia chea de ritmo e enerxía, que incorpora na súa trama algúns dos valores más relevantes a trasladar na primeira infancia: a amizade, a xustiza social, o amor ou a importancia do esforzo para acadar os obxectivos.

Para coñecer toda a historia de Maimiño podes acodir o  vindeiro venres 29 de decembro ás 20:00 h, ó Centro Cívico Cultural de Arteixo. Non terás que pagar nada, só recoller a túa invitación que xa está dispoñible no mesmo centro cívico, dende hoxe.