Ir o contido principal

Unha nova edición do Día do Deporte cita a miles de cidadáns nas rúas de Arteixo

Baloncesto, fútbol, tenis, golf, rugby, ximnasia deportiva e ata kaiak. Serán 31 actividades distintas as que a Concellería de deportes pon en liza para celebrar, o próximo 1 de xullo, a XVII Edición do Día do Deporte na rúa co que se pretende, ademáis de compartir unha xornada festiva, a sensibilización cara á práctica deportiva continuada; o acceso á práctica deportiva a cidadáns de todas as idades ou amosar a variedade deportiva como elemento demostrativo e motivador cara á creación de hábitos deportivos saudables.

O Servizo Municipal de Deportes destaca, un ano máis, a alta participación deste tipo de eventos que nas últimas edicións congregou a preto de 4000 personas das que 1500 participaron activamente nas distintas estacións deportivas distribuidas ó longo do paseo fluvial.

A xornada se desenvolverá en horario de mañá, de 12.00 a 14.00; e pola tarde entre as 17.00 e as 19.00 h.

Día do Deporte