Ir o contido principal

Unha rotura na rede xeral deixa sen auga a Oseiro, Vilarrodís e Sol y Mar

Unha rotura da rede xeral de abastecemento, á altura da Rúa Froxel, obriga a corta-la auga durante parte da mañá. 

Trátase de acometer a reparación da rede que, dende a incidencia, está a derramar gran cantidade de auga cara ao campo da festa. 

O corte do suministro afecta a Oseiro, Sol y Mar, Vilarrodís e parte de Arteixo. 

Unha vez reparada a rotura poderíanse producir episodios de turbidez en toda a rede.