Ir o contido principal

Unión FENOSA advirte dun corte de suministro que afectará o próximo día 5 a Larín, Loureda e Morás

Unión Fenosa distribución enviou ó Concello un escrito no que advirte da necesidade de efectuar un corte no suministro eléctrico coa fin de efectuar traballos de mantenemento e desarrollo da rede "para atender mellor as necesidades de suministro da zona". 

O corte será efectivo o próximo 5 de decembro entre as 00.00 h e as 06.00 h e afectará a distintas zonas de Loureda, Larín e Morás. 

En Larín afectará ó lugar da Rúa; en Loureda, a máis afectada, o corte se notará en Allán, Atín, Balai, Alcalde Ramón de Valliño, Cancelo, Ponte de Monizoque, Carril, Ervedíns, Manoy, Fortesende, Foxo, Igrexario, Lamamá, Marciñado, Mins, Avenida de Culleredo, Queira, Rapa, Camiño Cancelo, Rocheira, Santa Leocadia e Tis. 

Morás estará sen electricidade nas zonas de Canzobre e Morás.