Ir o contido principal

Videovixiancia contra os verquedoiros ilegais

O departamento de Medio Ambiente instalará a partir de mañá cámaras nos lugares do concello que habitualmente se utilizan para depositar vertedoiros de maneira ilegal.

O obxectivo destas cámaras, que serán itinerantes, é localizar e sancionar ós infractores.

Durante o ano pasado, o concello de Arteixo retirou 141 vertedoiros ilegais de diversos puntos do municipio.

O Departamento de Medio Ambiente elabora, dende 2005, unha estatística relativa a este tipo de prácticas. Os datos indican que a localización destes vertedoiros aumentou considerablemente nos últimos anos debido, fundamentalmente, a unha maior concienciación dos cidadáns e ós maiores medios empleados polo concello.

Según esa estadística o departamento de medio ambiente retirou vinte vertedoiros en 2005 vinte, 21 no 2006, 14 no 2007, 23 no 2008, 34 no 2009, 19 no 2010, 25 no 2001, 33 no 2012, 56 no 2013, 55 no 2014, 61 no 2015 e 141 no 2016.

As sancións por esta práctica ilegal poden ir desde 900 euros ata os 45.000 euros según a gravidade do vertido e os materiales que se tiren sin control.

Os  gardas ambientais adscritos a Medio Ambiente, encárganse de vixiar, retirar e xestionar a retirada dos vertedoiros incontrolados que existen no territorio arteixán, ademais de investigar a posible orixe e os causantes dos ditos vertedoiros.

As escombreiras soen aparecer en camiños e pistas de zonas rurais e estar compostos de residuos de diferente tipoloxía, aínda que tamén poden aparecer preto de zonas urbanas. 

Protocolo de actuación diante da detección dun vertedoiro ilegal:

O procedemento para a localización dos vertedoiros incontrolados baséase no coñecemento dos mesmos que é realizado por diferentes medios:

  • Aviso por parte da cidadanía.
  • Localización directa por parte dos Gardas Ambientais.
  • Remisión de informe por parte dos axentes da autoridade: Policía Local, Garda Civil (Seprona) e Policía Autonómica.

 Unha vez localizado o vertedoiro, por parte do Servizo de Vixilancia do Departamento de Medio Ambiente, realízase informe comprensivo dos diferentes aspectos relacionados con cada vertedoiro. Neste informe relaciónanse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • Localización do vertedoiro: lugar, parroquia e coordenadas.
  • Volume que ocupan os residuos depositados.
  • Caracterización dos residuos.
  • Reportaxe fotográfica.
  • Plano de localización.

Con posterioridade á localización do vertedoiro procédese á retirada e entrega a xestor autorizado, transcorrendo entre a localización por parte do Departamento de Medio Ambiente e a retirada un período non superior ás 2 semanas.