Ir o contido principal

VII Triatlon Concello de Arteixo

O VII Tríatlon Concello de Arteixo, terceira proba do  Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada e clasificatoria para o Campionato Galego 2017, celebrarase o domingo 30 de xullo cunha participación de case 170 deportistas, entre a proba popular e as do circuíto.

A competición comezará ás 10:00 horas coa saída da popular na que os participantes terán que facer distancias máis curtas (300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe). A proba do circuíto disputarase sobre a distancia sprint (750-20-5). A saída, transición e meta estarán instaladas na praia de Sabón.

A categoría feminina comezará ás 12:30 coa participación de Inés Castaño (Arcade Inforhouse), flamante campioa de España júnior de Tríatlon e de Carmen Gómez (campioa de España de Acuatlón sub 23 e prata en elite). Ademais, tamén están inscritas Marta Barbeito (Naútico de Narón), Cristina Torres (Mar de Vigo), Penélope Martínez (Tríatlon Arteixo) ou a nadadora olímpica Bea Gómez (Motobike Galaico) entre outras triatletas galegas.

Para a categoría masculina haberá dúas saídas: ás 11:00 h comezará a proba sen corte, mentres que ás 12:20 horas será a saída elite A. Entre os inscritos, Ismael Viéitez (Tríatlon Arteixo), Francisco Cendán (Talleres David Tríatlon Compostela), Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial) ou Iván Puentes (Tríatlon Ferrol).