Ir o contido principal

A Vinoteca "O Refuxio" e "Arume Arpado" comparten premios na última edición do concurso de tapas

O coulant de polbo de Viñoteca o Refuxio foi a mellor tapa para o xurado popular, mentres que os profesionais decantáronse pola tapa “Polo Saco” de Arume Arpado. Ademáis este último local, foi galardoado tamén co premio ao mellor servizo, o  servizo con máis Chispa.

coulant de polbopolo saco

 

Os premios para os bares gañadores son un trofeo e diploma, 2 botellas magnum dos viños colaboradores, e no caso de Arume Arpado como gañador do premio ao Servizo con máis Chispa, levará tamén un lote de productos Coca Cola.

As tapas mellor valoradas polo público, despois da do Refuxio, foron as do Castelao, A Tosta, Arume Arpado e 40 y Tantos. E o servizo mellor valorado, despois do de Arume Arpado foi tamén para Castelao, 40 y Tantos, Viñoteca O Refuxio e O Petisco.

O centro comercial aberto, que organiza este evento, calcula que se venderon, en dúas fins de semana, máis de seis mil tapas o que supón uns 24.000 € de facturación para os hostaleiros.

A cifra case se duplica se computamos as consumicións que non encheron tarxeta de voto e as consumicións paralelas, ou o volume de negocio colateral no resto de establecementos hostelerios do pobo.

O comercio, que tamén celebrou nas mesmas datas a súa feira de oportunidades,  facturou  na rúa algo máis de 30.000 €, mentres que a venda de vehículos multiplica esta cifra por 5.