Ir o contido principal

Xa coñecemos os vinte "Baby Chefs" que participarán nesta actividade organizada pola Concellería de Cultura

A actividade se desenvolverá os días 10, 11, 12 e 17 de abril en horario de 11:00 a 12:30 h no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Terá un custo de 16 euros. 

Tzatziki e humus de Grecia; sushi xaponés; guacamole e tacos mexicanos ou risotto de Italia son só algúns dos platos da cociña internacional que os nenos aprenderán a elaborar, de forma lúdica, nesta actividade.

As persoas admitidas están obrigadas a cumprir co seguinte procedemento:

  • Recoller o recibo do obradoiro a partir do día de hoxe no Servizo Municipal de Cultura (tamén se pode facilitar por correo electrónico a aquelas persoas que así o soliciten a través de mail a cultura@arteixo.org ou chamando ao 981641803)
  • Entregar o xustificante de pagamento da actividade no SM de Cultura
  • Prazo de pagamento e entrega de xustificantes dos recibos: 28, 29 e 30 de marzo
  • Horario de atención ao público: de 9:00 a 14:00 h

No caso de que os admitidos non efectúen o pagamento en prazo, chamarase á seguinte persoa que figure na listaxe de espera.