Ir o contido principal

Xa está aberto o prazo de inscrición na XXI Carreira Popular

Será o martes 1 de maio e a organización establece un máximo de 2500 participantes.

O Concello de Arteixo acolle o 1 de maio un dos eventos deportivos máis multitudinarios da comarca. A XXI edición da carreira popular serve, un ano máis, para apoiar ás persoas con discapacidade que poden competir na proba, en tres categorías especiales.

Os participantes enfrontarán unha distancia de 12.000 metros en categoría senior e superiores. O resto de categorías terán un percorrido acorde á súa idade. Cada quilómetro do trazado estará sinalizado e haberá avituallamientos no quilómetro 6 e ó finalizar a proba.

O prazo para formalizar a inscrición, totalmente gratuita, remata o próximo 26 de abril e só se pode tramitar a través deste enlace

Carreira popular