Ir o contido principal

Xornada adicada ó pilates

O servizo municipal de deportes promociona o pilates cunha xornada de iniciación e perfeccionamento que terá lugar o próximo 24 de febreiro no Pazo dos Deportes entre as 17 e as 19 h. 

Os interesados poden apuntarse ata o 22 de febreiro próximo e teñen que facelo nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes persoalmente ou enviando un e-mail á dirección deportes@arteixo.org.

Trátase dunha actividade gratuita e con prazas limitadas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición aínda que teñen preferencia ás persoas empadroadas en Arteixo. 

Para máis información podes chamar ó 679898326

Documentos: