Ir o contido principal

A Xunta concede unha axuda para melloras na Escola Infantil Municipal

A Escola Infantil Municipal de Arteixo equípase con novas portas técnicas con sistema antipilladedos e antiatrapamento. 

É unha das actuacións que se levarán a cabo merced á subvención que concede a Arteixo a Consellería de Política Social ao amparo do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 que cofinancia a Unión Europea. 

A axuda, que ascende a un total de 25.041,74 €., servirá ademáis para dotar ao centro de novo mobiliario como cunas de evacuación; mobles armario; mobles altos; mobles grandes e mobles gaveteiros.  

logos