Ir o contido principal

A Xunta e o Concello relizan un simulacro de activación do plan de emerxencia exterior na planta de Arteixo Química

A Xunta de Galicia, en colaboración coa empresa Arteixo Química e o Concello de Arteixo, realizará mañá, martes, 18 de decembro, un simulacro nas instalacións que ten a empresa no Polígono industrial de Sabón.  Esta acción enmárcase no proceso de implantación do Plan que se está a levar a cabo desde fai meses, con reunións formativas aos integrantes do Plan e reunións informativas aos cidadáns e empresas do entorno. 

Farase soar a sirena de aviso á poboación, sirena que indica o confinamento á espera da resolución da situación de emerxencia, resolución que tamén será indicada mediante o aviso sonoro de fin de alerta.

Máis aló de unha maior presenza de medios de Emerxencias na zona e os controis establecidos nas inmediacións da empresa, non se prevé que se vexa afectado o normal desenvolvemento das actividades do Polígono. No obstante, tanto nos centros de traballo como educativos máis preto da empresa, é recomendable aproveitar o exercicio para por en práctica as medidas de auto protección previstas nos seus propios plans de emerxencia.

A Xunta quere destacar a importación da aposta pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias.