Ir o contido principal

Xuventude oferta dezaséis prazas para participar no seu obradoiro de maquillaxe

O obradoiro de coidados faciais  e maquillaxe enmárcase dentro das iniciativas do departamento de xuventude para o curso 2017/2018. 

Trátase de ofrecer á mocidade de Arteixo alternativas de ocio e aprendizaxe coas que adquirir destrezas e ocupar o seu tempo de lecer. 

Este taller de maquillaxe, que costará cinco euros e se desenvolverá os sábados 18 e 25 de novembro,  destínase a persoas preferentemente empadroadas en Arteixo entre os 12 e os 30 anose o prazo de inscrición remata o 8 de novembro próximo.

En caso de superánse as 16 prazas ofertadas,  realizarase un sorteo público o día 9 de novembro ás 13:30 no Salón de Plenos da Casa do Concello.

As inscricións poden entregarse no Departamento de Xuventude de 9 a 20 h  ou no correo electrónico participacion.cidada@arteixo.or

Maquillaxe

 

Documentos: