Ir o contido principal

A XXI Edición da mostra de teatro afeccionado abre a programación cultural de primavera

O día da Danza, a XXI edición da mostra de teatro afeccionado ou unha nova edición do certame Isaac Día Pardo forman parte do programa "A primavera das artes" que pon en marcha a Concellería de Cultura para os meses de marzo de abril. 

Melandrainas teatro son os primeiros en se subir ao escenario neste programa para poñer en escena, para todos os públicos, o seu espectáculo "O loro de Picadillo" que se enmarca dentro da mostra de teatro afeccionado. 

A música chegará da man do Festival Metropolitano pola igualdade "Elas son artistas" que traerá a Arteixo a banda "Las Antonias" que estarán no centro cívico o 17 de abril. 

No documento adxunto pódese descarregar a programación completa.