Río Sisalde

A senda que aquí se presenta, discorre polas parroquias arteixás de Barrañán, Chamín, Armentón, Monteagudo e Larín. O Roteiro toma como centro de referencia o río de Sisalde, circulando pola mesma ribeira en numerosas ocasións.
Partindo do areal de Barrañán, e tomando o senso antihorario, a senda pasa polos Boedos de Sisalde, Monte de cartas, Margarida, A Telleira, Os Batáns, Igresario de Monteagudo, Os Barreiros, A Ibia e por último A Groba, extremo oposto e punto máis alto do Roteiro.
Como elementos representativos e singulares, cómpre destacar o propio rego de Sisalde e os seus afluentes, as dunas de Barrañán, a Fraga de Sisalde, os numerosos muíños e o Igresario de Monteagudo do século XII.
A lonxitude total da senda é de 18 quilómetros pero existe a posibilidade de facer itinerarios máis curtos.
Percorrido: 18 km
Duración: 6 horas
Dificultade: baixa
Tipo de trazado: lineal e circular
Concellos polos que pasa: Arteixo
Punto inicio/fin: Praia de Barrañán

- Areal de Barrañán
- Os Boedos
- Fraga de Sisalde
- Monte de Cartas
- Camiño da Area
- Muíño da Margarida
- A Telleira
- Os Batáns
- Igrexario de Monteagudo
- Área Recreativa dos Barreiros
- Muíño da Ibia
- A Groba
- Autoestrada AG-55
- O Castro de Armentón
- Muíño dos Zapata
- Igrexario de Barrañán
Máis información aquí