Aprobado polo Pleno da Corporación de data vintenove de maio do ano 1997.

Publicado no BOP núm. 232 de data nove de outubro do ano 1997.


ORDENANZA REGULADORA DO EXERCICIO DO COMERCIO AMBULANTE.

DISPOSICIÓNS XERAIS

Os Concellos poderán autorizar, nos seus respectivos municipios, a venda ambulante que é a realizada fóra do establecemento comercial permanente, en solares, na vía pública ou en espazos libres, en lugares e datas variables, en postos ou instalacións desmontables ou en vehículos.

As vendas feitas dentro dos locais ou en recintos ocupados por un certame feiral non terán a consideración de ambulante.

Correspondente aos Concellos, aténdose ao disposto nesta Ordenanza e de acordo coa súa normativa específica, a determinación dos lugares, dimensións, días, horarios e frecuencia nos que se poderá realizar venda ambulante. Para a súa determinación teranse en conta os seguintes aspectos:

En todo caso, estableceranse zonas urbanas de emprazamentos autorizados para o exercicio da venda ambulante, para o que se terá en conta o anteriormente especificado, a adecuación á estrutura e necesidades de consumo da poboación, así como á densidade da mesma.

A autorización municipal para o exercicio da venda ambulante estará sometida a comprobación previa polo ente municipal do cumprimento polo peticionario dos requisitos legais en vigor para o exercicio do comercio a que se refire e do establecido pola regulación do produto cuxa venda se autoriza.

As autorizacións terán carácter discrecional e temporal e renovábeis cando, en relación co cumprimento do Real Decreto regulador e das Ordenanzas Municipais, se cometan infraccións graves tipificadas, non dando dereito, nestes casos, a indemnizacións nin compensacións de ningún tipo.

Os vendedores ambulantes deberán cumprir, no exercicio da súa actividade mercantil, coa normativa vixente en materia de exercicio do comercio e de disciplina de mercado, así como responder dos produtos de venda, de acordo co establecido polas leis e demais disposicións.

A venda ambulante unicamente poderá levarse a cabo en mercados periódicos ou ocasionais, anexos a mercados fixos ou en postos instalados na vía pública que sexan desmontables ou en vehículos.

A tales efectos, enténdese por:

E co obxecto de establecer os requisitos e condicións que deben cumprirse para o exercicio da venda que se realice fóra dun establecemento comercial permanente, en solares e espazos abertos, ou na vía pública dentro dos límites do termo municipal, apróbase a presente Ordenanza.

CAPÍTULO I

Condicións Xerais

Artigo 1

Artigo 2

O comercio ambulante regulado na presente Ordenanza é o que se realiza baixo as seguintes modalidades:

Artigo 3

En canto á regulación dos produtos que se vendan fóra de establecementos comerciais permanentes permitirase ou prohibirase, así como as circunstancias para iso, estarase ao disposto nas normativas xerais reguladoras de cada produto, quedando prohibida a venda de verduras, hortalizas, legumes, peixe, carnes e derivados dentro dos perímetros sinalados no artigo 4 da presente ordenanza.

Artigo 4

O exercicio do comercio itinerante e comercio na rúa estará suxeito ás restriccións de venda nos núcleos urbanos de Arteixo, Meicende, Pastoriza e Oseiro-Vilarrodís, de acordo cos planos que, como anexo 1º, se incorporan nesta Ordenanza.

Artigo 5

Para o exercicio do comercio ambulante dentro do termo municipal esixiranse os seguintes requisitos:

Artigo 6

A Comisión de Goberno resérvase a facultade discrecional de prohibir temporal ou indefinidamente o comercio itinerante ou comercio na rúa.

Artigo 7

Igualmente, a Comisión de Goberno poderá acordar por razóns de excepcional interese público e mediante acordo motivado, traslado do emprazamento comunicándose coa antelación de quince días ao titular da autorización, agás que por razóns de urxencia este prazo deba ser reducido.

Artigo 8

A Comisión de Goberno, por causa de interese xeral e previo cumprimento dos requisitos establecidos, poderá dispoñer o traslado dos postos de venda a outro ou outros lugares, a reducción do número de puntos de venda e, incluso, a súa total dispersión, sen que isto dea lugar a ningunha indemnización.

CAPÍTULO II

Do Comercio en Mercadiños

Artigo 9

O Comercio en mercadiños regularase, en canto á situación, celebración, horario, organización de acordo co establecido na ordenanza reguladora do Feirón Municipal, que figura como anexo a esta Ordenanza.

CAPÍTULO III

Do Comercio Itinerante

Artigo 10

Para o exercicio do Comercio Itinerante en camións ou furgonetas necesítase autorización municipal.

Artigo 11

A propaganda por medio de aparatos amplificadores ou reprodutores, débese realizar, no seu caso, sen que o volume ou decibelios emitidos poida molestar á veciñanza.

Artigo 12

Os vehículos utilizados para o comercio itinerante deberán cumprir tódolos requisitos da normativa vixente en materia de Seguridade e Sanidade dos produtos expedidos.

CAPÍTULO IV

Do Comercio na rúa

Artigo 13

CAPÍTULO V

Solicitudes e autorizacións

Artigo 14

As autorizacións outorgaranse previa solicitude do interesado na que se fará constar:

A solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde e entregarase no Rexistro Xeral do Concello para o seu estudo e correspondente acordo en función do estipulado nesta Ordenanza.

Artigo 15

Ademais da solicitude referida ao artigo anterior o peticionario deberá achegar os seguintes documentos:

Artigo 16

As autorizacións para o exercicio do Comercio ambulante, serán concedidas por Acordo da Comisión de Goberno, contendo cando menos os seguintes datos:

Así mesmo, deberá esixir no Concello un libro de Rexistro de Autorizacións que recollan as eventualidades que lle afecten ás mesmas.

Artigo 17

O órgano facultado para o efecto acordará a autorización ou denegación, en función da documentación achegada e considerados os informes emitidos.

No suposto de denegación, a resolución será motivada.

En todo caso, a adxudicación das autorizacións axustarase á seguinte orde de prioridades:

Artigo 18

Cando o solicitante sexa un agricultor, os documentos que cómpre achegar serán os seguintes:

Artigo 19

Proverase de carné identificativo a tódolos vendedores autorizados. No documento, ademais da fotografía, constarán os seguintes datos:

Artigo 20

As autorizacións serán persoais e intransferíbeis podendo exercer a actividade en nome do titular, do seu cónxuxe e fillos, así como dos empregados que estean dados de alta na Seguridade Social, e manteranse invariábeis mentres non se efectúe de oficio un cambio nas condicións obxectivas da concesións. En tal caso, o Concello poderá expedir unha nova autorización polo tempo de vixencia que reste da anterior.

En cumprimento do disposto no artigo 5.2 do Real Decreto 1010/1985, de 5 de xuño, as autorizacións terán o carácter de anuais.

Excepción feita do apartado d) do artigo 2º no que se fará constar na autorización da mesma.

A renovación das licenzas deberá solicitarse polo interesado nos mes anterior ao remate da autorización.

O pagamento das licenzas ou autorizacións será anual, sendo satisfeitas previamente á súa expedición, establecéndose o prezo de cada unha das concedidas en 2.500 ptas. (15,03 €).

Artigo 21

A autorización ou licenza municipal non exime de obter e exhibir as que lles correspondan a outros Organismos.

Artigo 22

Os vendedores deberán estar en posesión de facturas e albarás que acrediten a procedencia da mercadoría e deberá presentala ante o requirimento da autoridade competente.

A ausencia destas, ou a negativa a presentalos, poderá dar lugar á cualificación de "mercadoría non identificada", procedéndose á súa retención ata que se produza a identificación da súa procedencia, concedéndose, a tal efecto, un prazo máximo de 15 días. Cando se trate de artigos perecedoiros, o tempo de retención reducirase ó axeitado para evitalo seu deterioro. Finalizado o prazo, e previo informe-proposta do facultativo, daráselle o destino que se estime pertinente.

Artigo 23

As autorizacións para as vendas en mercadiños e mercados ocasionais ou periódicos especificarán o tipo de productos que poden ser vendidos, entre os que non se poden incluír:

Artigo 24

A autorización municipal para a venda ambulante é intransferible e terá validez dun ano.

Artigo 25

As autorizacións poderán ser revogadas polo Concello nos casos de infraccións moi graves previstas na Lei 9/1988, Real Decreto 1945/1983, de 22 de xuño, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria, non dando dereito en ningún caso a indemnización nin ningunha compensación.

Terán carácter discrecional e en consecuencia poderán ser revogadas pola Comisión de Goberno cando o considere conveniente en atención á desaparición das circunstancias que a motivaron ou cando o esixa o interese público.

CAPÍTULO VI

Inspección.

Artigo 26

A Comisión de Goberno, ao autorizar calquera das modalidades de comercialización que se regulan na presente Ordenanza, vixiará e garantirá o debido cumprimento polos titulares das autorizacións, do preceptuado na mesma e na normativa aplicable.

Artigo 27

Corresponderalle ao Servicio de Inspección-veterinaria que designe a Comisión de Goberno:

Artigo 28

A Policía Local velará polo mantemento da orde e exercerá as seguintes funcións:

Artigo 29

Cando se detecten infraccións cuxa sanción sexa competencia deste Concello, procederase á instrucción do correspondente expediente previo á subseguinte imposición da sanción que corresponda se fose procedente. O expediente seguirase conforme ao establecido na lexislación de procedemento administrativo.

Artigo 30

Para os efectos desta Ordenanza, as infraccións clasifícanse da seguinte forma:

Artigo 31

As infraccións leves poderán ser sancionadas con apercibimento ou multa de 10.000 ptas. (60,10 €).

As infraccións graves poderán ser sancionadas con apercibimento ou multa de 10.001 ptas. (60,11 €) a 50.000 ptas. (300,51 €).

As infraccións moi graves poderán ser sancionadas de 50.001 ptas. (300,51 €) a 100.000 ptas. (601,01 €), e no seu caso, a revogación da autorización municipal

Artigo 32

As prescricións das infraccións sinaladas no artigo 23 desta Ordenanza producirase da seguinte forma:

O prazo de prescrición comezará a computarse desde o día que se cometa a infracción ou, no seu caso, desde aquel en que se iniciase o procedemento, e de conformidade co disposto no Código Penal.

Disposición Final

A presente Ordenanza entrará en vigor consonte ao ó establecido nas Disposicións aplicables (artigo 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local).

ANEXOS

PLANOS