Aprobada polo pleno da Corporación de data vintesete de febreiro de dous mil tres.

Publicada no BOP núm. 141 de data 21 de xuño de 2003.


ORDENANZA DE OBRAS E SERVIZOS NO DOMINIO PÚBLICO

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A proliferación de instalación de servizos e de infraestructuras de telecomunicacións, así como a súa incidencia no benestar social e na paisaxe urbana e natural do concello, unido á existencia de determinada normativa reguladora do medio natural, das telecomunicacións e da disciplina urbanística, xustifican a elaboración e aprobación por parte desta administración dunha ordenanza municipal propia para regular estes temas.

Esta ordenanza regulamenta a instalación de servizos públicos e de telecomunicacións así como a coordinación entre eles, en aras de evitar a existencia continua de obras en vías públicas.

Tamén se tipifican as infraccións e se recolle o réxime sancionador para elas.

TÍTULO I: INSTALACIÓNS DE SERVIZOS E INSTALACIÓNS DE INFRAESTRUCTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS. ASPECTOS XERAIS

CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.- Ámbito de aplicación

A presente ordenanza regulamenta:

Artigo 2.- Licenza municipal

A execución de obras no dominio público para a instalación de conduccións de servizos públicos de subministros, e para a instalación de infraestructuras de telecomunicacións, requirirá previa licenza municipal, que terá por obxecto aprobar o trazado proposto polo titular da instalación, así como as características de ditas obras, a súa forma e o prazo de execución das mesmas. Outorgarase de conformidade co previsto no artigo 168 da Lei do solo de Galicia, e no artigo 1 do regulamento de disciplina urbanística, así como a demais lexislación complementaria.

Artigo 3.- Inspección municipal

TÍTULO II: INSTALACIÓNS DE SERVIZOS

CAPÍTULO II: PLANIFICACIÓN

Artigo 4.- Plano de actuación das empresas de servizo.

Artigo 5.- Programa de canalizacións

Artigo 6.- Coordinación de actuacións.

CAPÍTULO III.- INSTALACIÓNS DE SERVIZOS

Artigo 7.- Modalidades

Artigo 8.- Conduccións de auga

Artigo 9.- Conduccións de gas

Artigo 10.- Conduccións eléctricas

Artigo 11.- Conduccións de telecomunicacións

As liñas telegráficas telefónicas, informáticas e de telecomunicación en xeral, deberán instalarse no subsolo sempre que sexa posible, e con suxeición ao que dispón o Real Decreto- lei 1/1998, do 27 de febreiro, sobre infraestructuras comúns nos edificios para o acceso aos servizos de telecomunicación e Real Decreto 279/1999, do 22 de febreiro, polo que se aproba o seu regulamento. Entenderase que toda instalación aérea que teña a posibilidade de se instalar no subsolo, que trala promulgación desta ordenanza continúen a desobedecer o precepto regulamentario, terán que substituír o tendido aéreo mediante postes por subterráneo nun prazo non superior a seis meses, transcorridos os cales o Concello poderá proceder a suprimir os tendidos aéreos mediante postes, realizando a costa de ditas compañías e empresas as canalizacións necesarias.

Artigo 12.- Situacións, profundidade e distancia mínimas.

Artigo 13.- Condicións técnicas

CAPÍTULO IV.- LICENZAS

Artigo 15.- Obtención

Toda obra de canalización da vía pública necesita licenza municipal previo pagamento dos dereitos correspondentes, tanto polo outorgamento das licenzas coma pola utilización privativa ou aproveitamento especial de bens de dominio público, e no seu caso, pola prestación doutros servizos de competencia local.

Artigo 16.- Clases de licenza de obra

Artigo 17.- Tramitación e obtención das licenzas

Artigo 18.- Limitacións

A licenza que dispense o Concello non dá dereito sobre o terreo ocupado pola vía pública ou bens públicos.

CAPÍTULO V.- EXECUCIÓN DAS OBRAS DE CANALIZACIÓN

Artigo 19.- Condicións previas

Artigo 20.- Condicións técnicas

Artigo 21.- Condicións de seguridade e hixiene

Artigo 22.- Limitacións e prevencións.

Artigo 23.- Calendario

As licenzas de obras poderán fixar o calendario destas, as condicións de execución, os materiais e maquinaria a empregar, data de comezo e remate das mesmas, horario de traballo, quendas obrigatorias continuas para intensificar este, así coma calquera outra condición, co fin de garantir a seguridade da circulación de peóns e vehículos e reducir ao mínimo as molestias ao cidadán. Este calendario deberá poñerse en coñecemento da área de seguridade cidadá nunca menos de 48 horas antes do comezo da obra.

Artigo 24.- Obrigas do titular da licenza

O titular da licenza estará obrigado:

Artigo 25.- Extinción da licenza

As licenzas de obra quedarán sen efecto:

Extinguida a licenza, o titular da mesma deberá repoñer a vía pública ao estado no que estivese antes de comezarse as obras. De non o realizar, sen demora ningunha, procederá a efectualo a administración municipal a custa do obrigado.

Artigo 26.- Fianza

Artigo 27.- Execución das obras.

Artigo 28.- Replaneo

Antes de comezar as obras, serán replaneadas sobre o terreo polo director das mesmas, polo técnico municipal ou o inspector en quen delegue esta función e por un técnico de cada unha das empresas que han coordinar os seus traballos na zona.

Realizaranse de modo que se ocasionen os menores prexuízos ás infraestructuras colindantes, ao arboredo, xardíns, iluminación, sinais de circulación, a calquera outro elemento de urbanización ou ás instalacións de toda clase existentes.

No caso de calzadas con pavimentos de especial interese ou por esixencias do tránsito, poderase esixir a condición de efectuar os traballos en mina (topo).

Nas obras en que sexa aconsellable, pola súa duración, molestias á veciñanza, volume económico ou amplitude, adoptaranse as medidas excepcionais de planeamento, obras accesorias, sinalizacións e circulación que, previo estudo, determine a administración municipal.

Cando o Concello esixa, en casos especiais, o establecemento de quendas continuas, mesmo de noite ou a intervalos determinados, coa obriga de establecer provisionalmente a circulación a horas convenientes, a empresa de servizos ou particular deberá achegar os medios auxiliares de iluminación, sinais de circulación, de seguridade e demais adicionais que se precisen, utilizando maquinaria axeitada para a diminución de ruídos.

Artigo 29.- Normas de valado e sinalización

Tódalas obras deberán ter valos indicadores, cun rótulo normalizado segundo as prescricións do capítulo IX da presente Ordenanza.

O Concello poderá adoptar un sistema de valado normalizado para todas e/ou cada unha das compañías de servizos públicos, no que se diferencie claramente se as obras corresponden a traballos programados ou á reparación de avarías.

Artigo 30.- Executor das obras

Igualmente, se na execución da obra a entidade atopase entorpecementos no subsolo que estime han impedir o cumprimento do prazo fixado para a rematar, solicitará da administración municipal a prórroga oportuna, con xustificación das causas alegadas. Dita solicitude deberase realizar 24 horas antes de rematar o prazo indicado no sinalamento.

En ámbolos dous casos a administración municipal fixará o novo sinalamento de datas para realizar os traballos.

Os encargados das obras deberán ter a disposición dos axentes da autoridade municipal, o documento de sinalamento de datas no que figurará o calendario e horario aprobados, debéndoos exhibir cando fosen requiridos para iso.

Artigo 31.- Apertura e recheo de gabias e amoreamentos na vía pública.

Artigo 32.- Reposición provisional do pavimento

Artigo 33.- Reposición de pavimentos.

Artigo 34.- Pasaxes para eivados/as

Nas obras de canalización que discorran por cruzamentos de rúas que afecten a pasos de peóns e que non dispoñan de pasaxes limitadas para eivadas/os nos pasos de peóns, estes construiranse polo titular da licenza. Efectuará a reposición considerando o acabado da rampla.

Onde exista proxecto municipal de substitución de pavimento de beirarrúas por exemplo, por baldosa ornamental, deberana realizar en todo o seu ancho á súa costa.

Artigo 35.- Sinalización horizontal

A sinalización horizontal que se vise afectada por unha obra repoñerase na súa totalidade tan pronto como o permita a capacidade do pavimento base.

Artigo 36.- Recepción das obras

CAPÍTULO VI.- CONSERVACIÓN E REPARACIÓN DE INSTALACIÓNS

Artigo 37.- Conservación de galerías de servizos.

No caso de utilizáranse galerías de servizo para as conduccións, a conservación das mesmas será a cargo das empresas que as utilicen, en proporción ao uso que das mesmas faga cada unha.

Artigo 38.- Prevención de danos na vía pública.

Para evitar danos aos elementos da vía pública, as compañías concesionarias dos servizos deberán manter as instalacións en perfecto estado de conservación, mediante o estricto cumprimento das normativas técnicas vixentes na materia.

Artigo 39.- Indemnizacións.

Artigo 40.- Reténs de emerxencia.

Artigo 41.- Reposición de tapas

As tapas de acceso, rexistro e manobra, deberanse repoñer no prazo máximo de doce horas de coñecida a súa destrucción ou desaparición, debéndose adoptar mentres as debidas condicións de seguridade para o tránsito e para os peóns.

CAPÍTULO VII.- CATAS NA VÍA PÚBLICA

Artigo 42.- Definición

Conceptuarase cata e estará sometida a licenza municipal toda obra de apertura da vía pública ou remoción do pavimento para reparar avarías ou desperfectos e toma de datos nas conduccións ou instalacións dos servizos, que non rebase os seis metros lineais de canalización.

Artigo 43.- Licenzas

CAPÍTULO VIII.- TRASLADO, MODIFICACIÓN OU SUPRESIÓN DE INSTALACIÓNS

Artigo 49.- Apertura de gabia

Artigo 49.- Recheo de gabias

O estendido, tanto dos productos procedentes da propia escavación coma dos materiais de aportación realizarase por capas de reducido espesor que garantan, cos medios utilizados, obte-lo grao de compactación mínima esixido, que será do 95% en beirarrúas e do 100% en calzadas, do ensaio do Próctor Normal.

Nos casos especiais, e a requirimento da dirección facultativa, poderase esixir o recheo das gabias con balastro, debéndose acadar neste caso unha compactación equivalente ao 98% do Próctor modificado.

Artigo 50.- Reposición dos pavimentos en zonas rodadas

Os materiais empregados deberán cumprir o prego de condicións técnicas vixentes do concello e, no seu defecto, o prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-75) do MOPU e as súas posteriores revisións.

Tódalas reposicións efectuadas terán unha garantía de 12 meses a partir da data de remate das obras.

Artigo 51.- Reposición de beirarrúas

Na reposición de beirarrúas, estarase ao disposto nas condicións técnicas municipais vixentes. A reposición do pavimento realizarase coas mesmas características có existente, respectando os modelos e cores dos distintos tipos de baldosa, formigón impreso ou outros, respectando sempre as rasantes lonxitudinais e transversais.

Cando o estado da beirarrúa e a lonxitude ou circunstancias da canalización así o aconsellen, engadirase nas condicións especiais que acompañan ao expediente a condición "reposición total de beirarrúas", o cal inclúe a reposición do bordo e o seu novo emprazamento a 15 cm de altura sobre o nivel da rasante da calzada.

Artigo 52.- Reposición provisional

Artigo 53.- Protección dos elementos arquitectónicos, ornamentais e arborado.

A totalidade dos elementos instalados nas beirarrúas, que puidesen quedar afectados polo trazado da canalización, serán respectados, debendo repoñerse aqueles que accidentalmente puidesen resultar danados.

Prestarase especial atención ao arborado, debendo regar periodicamente as árbores, cos seus propios medios, sempre que este servizo non se poida prestar normalmente desde o exterior da zona en obras.

Tamén haberá realizar a empresa á súa costa as obras de protección do arborado e as plantacións que puidesen ser afectadas. A distancia mínima que cómpre respectar entre o bordo da gabia e o arborado non será, en planta, inferior a un metro.

Artigo 54.- Tapas de rexistros

Cando a canalización que se vaia realizar inclúa a implantación en superficie dalgún elemento como reixas ou tapas de rexistro, estas:

En calquera caso, darase cumprimento á normativa vixente.

Artigo 55.- Prazos de tempo para as reposicións.

Para a reposición definitiva dispoñerase dun prazo de tres días, a partir da data de remate dos traballos de recheo da gabia e reposición provisional nun punto determinado, limpando o entorno da obra.

Artigo 56.- Ocupación da vía pública.

Para a situación da "caseta de obra" e o almacenamento de materiais, ferramentas e medios auxiliares, estudiarase un emprazamento estratéxico que minore esta incidencia negativa, aproveitando as zonas que non son utilizadas regularmente polo tránsito, o cal ha ser aprobado polo técnico municipal competente, achegándose os seguintes datos:

Coidarase expresamente a planificación do traballo de forma que se reduza ao mínimo tempo de permanencia en obra destes elementos. Non se permitirá o almacenamento de materiais nin medios auxiliares máis tempo có estrictamente necesario para a súa utilización ou posta en obra.

O seu almacenamento será coidadosamente ordenado, reducindo ao imprescindible o espazo ocupado en planta.

A seguridade e comodidade do tránsito peonil formalizarase dispoñendo un corredor de anchura non inferior a 80 cm, xunto á fachada e lonxitudinalmente a ela.

Cando a anchura da beirarrúa non permita simultaneamente a apertura da gabia e conservar o devandito paso lonxitudinal de 65 cm de ancho para peóns, habilitarase para a calzada un corredor das devanditas características, con derivacións cara á fachada, fronte a cada un dos accesos inmobles.

Nas interseccións da canalización cos pasos peonís de cruzamento de calzada, manterase en todo momento expedito, cando menos na metade da súa anchura, o paso peonil.

Cando os pasos de peóns teñan que salvar algunha gabia aberta, esta cubrirase con pranchas metálicas que teñan suficiente rixidez para soportar a incidencia do tránsito peonil, e que sexan inamovíbeis no seu uso.

Artigo 57.- Valado

Todo elemento que altere nalgunha medida a superficie viaria, supoñerá un obstáculo que haberá ser protexido con valos.

Estes obstáculos poderán ser, tanto a referida "caseta de obra" coma os materiais, maquinaria, ferramentas ou medios auxiliares que poidan estar almacenados, as propias gabias e os materiais amoreados.

A protección de todos estes elementos será continua en todo o seu perímetro e por mediación de valos consistentes unidos entre si, suficientemente estables e perfectamente aliñados.

Este valado significará a delimitación dos espazos destinados a cada un dos tres usos que nos ocupan: tránsito peonil, tránsito rodado e a obra de canalización, de acordo coas especificacións do apartado anterior.

Artigo 58.- Sinalización

As esixencias do mantemento do tránsito peonil e rodado, obrigan a dispoñer unha sinalización vertical materializada en sinais regulamentarias de tránsito e en carteis indicadores, que garantan en todo momento información suficiente para a seguridade de peóns, automóbiles e do propio persoal da obra.

Os sinais de tránsito a dispoñer serán como mínimo as esixidas polo propio Código de circulación.

Toda sinalización e valado estará suficientemente iluminada durante as horas nocturnas, mediante elementos luminosos de cor vermella ou amarelo -ámbar.

Artigo 59.- Información

A información ao usuario transmitirase a través de carteis indicadores normalizados segundo modelo aprobado polo Concello, ou/e anuncios nos medios de comunicación.

CAPÍTULO X.- INSPECCIÓN MUNICIPAL

Artigo 60.- Inspección permanente e de obras

A administración municipal exercerá a inspección e vixilancia para velar polo cumprimento do disposto nesta Ordenanza.

A inspección terá por obxecto:

Artigo 61.- Libro de obras e incidencias.

Cando a importancia da obra o requira, a xuízo da administración municipal, deberase levar un libro de obra ou incidencias no que se farán constar as inspeccións realizadas e o seu resultado de acordo co ESOP-98 e o PPTG-98.

Artigo 62.- Comunicación ás empresas afectadas

Os membros da policía local e os servizos municipais competentes, avisarán ás empresas ou entidades propietarias das conduccións, de toda avaría que observen na vía pública.

O disposto no parágrafo anterior non releva ás empresas da súa obriga de ter organizado o seu propio servizo para a vixilancia das instalacións e comprobación nas avarías que se produzan.

TÍTULO III.- INSTALACIÓN E FUNCIONAMENTO DE INSTALACIÓNS DE TELEFONÍA MÓBIL E OUTROS SERVIZOS DE TELECOMUNICACIÓNS E DE DIFUSIÓN

CAPÍTULO XI.- CONDICIÓNS DE INSTALACIÓN

Artigo 63.- Programa de implantación e de desenvolvemento

Os operadores de radiocomunicación estarán suxeitos á aprobación dun Plano de Implantación e Desenvolvemento do conxunto de toda a rede dentro do termo municipal.

Dito plano proporcionará a información necesaria para a adecuada integración destas instalacións na ordenación medioambiental e territorial e, asegurar o cumprimento das limitacións establecidas na lexislación vixente.

Artigo 64.- Contido do plano de integración e desenvolvemento

Artigo 65.- Criterios de implantación.

Na planificación das instalacións radioeléctricas, os titulares das mesmas deberán ter en consideración, entre outros criterios, os seguintes:

Artigo 66.- Tramitación

Artigo 67.- Actuación e modificación do Plano de Implantación

Os operadores deberán comunicar calquera modificación no contido do Plano de Implantación presentado, solicitando, no seu caso, ao órgano competente para a súa aprobación, a actualización e correspondente aprobación para poder proceder a facer efectivos ditos cambios.

Artigo 68.- Vixencia

Os Planos de Implantación terán unha vixencia de dous anos. Transcorrido este prazo, os operadores adaptarán o plano ou presentarán un novo de cobertura actualizada.

CAPÍTULO XII.- LÍMITES DE EXPOSICIÓN E CONDICIÓNS DE PROTECCIÓN

Artigo 69.- Límites de exposición ás emisións radioeléctricas. Restriccións básicas e niveis de referencia.

No cumprimento do disposto no artigo 62 da Lei 11/1998, do 24 de abril, xeral de telecomunicacións e no desenvolvemento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, de acordo coa Resolución do Consello de Ministros de Sanidade da Unión Europea, do 12 de xullo de 1999 e coa finalidade de garantir a adecuada protección da saúde do público en xeral, aplicaranse os límites de exposición que figuran no anexo II do Real Decreto 1066/2001, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento que establece as condicións de protección do dominio público radioeléctrico.

Os límites establecidos cumpriranse nas zonas nas que poidan permanecer habitualmente as persoas e na exposición ás emisións dos equipos terminais, sen prexuízo do disposto noutras disposicións específicas no ámbito laboral.

Artigo 70.- Normas de protección ambiental. Prohibicións e limitacións nas instalacións.

Artigo 71.- Outras restriccións aos niveis de emisións radioeléctricas

Sen prexuízo da remisión que se realizou aos límites de exposición ás emisións radioeléctricas contempladas no artigo 6 do Real Decreto 1066/2001, toda estación virá limitada nos seus niveis de emisión por calquera das seguintes condicións:

Artigo 72.- Obriga de compartir emprazamento

O Concello, de forma xustificada, por razóns urbanísticas, medio ambientais ou paisaxísticas e, dándolle audiencia aos interesados, establecerá a obriga de compartir o emprazamento por parte dos diferentes operadores, seguindo os trámites previstos na normativa estatal sobre utilización compartida de instalacións de telecomunicacións, de acordo cos planos de desenvolvemento propostos.

En todo caso, a obriga de compartir pódese desestimar se os operadores xustifican a imposibilidade técnica, ou se o Concello considera que o impacto medio ambiental ou visual do uso compartido poida ser superior ao das instalacións de radiocomunicacións que se pretendan instalar separadamente.

En caso de uso compartido, o custo do uso deberase asumir integramente polas empresas operadoras de servizos de radiocomunicación, exercendo o Concello funcións de arbitraxe en caso de desacordo.

CAPÍTULO XIII.- LICENZAS

Artigo 73.- Requisitos para a autorización de actividades cualificadas

Artigo 74.- Licenzas urbanísticas

Na solicitude e tramitación das licenzas urbanísticas para as instalacións de radiocomunicación en calquera clase de solo, a antedita licenza só se poderá outorgar previa aprobación do Plano de Implantación e sempre que este Plano se axuste ás súas previsións ou ás progresivas actualizacións.

Artigo 75.- Suxeición a licenza

Artigo 76.- Licenzas en solo rústico

A solicitude de licenza presentarase no Concello, que trasladará o expediente ao órgano da Consellaría de Política Territorial e Urbanismo competente na materia. O Concello emitirá un dictame sobre as solicitudes de licenza en solo urbanístico, e nel fará constar todo o referido ao impacto ou afectación da instalación sobre o medio e a proximidade a vivendas ou zonas habitadas. O informe será negativo se non se cumpren, como mínimo, as distancias esixidas para as instalacións no solo urbano.

Artigo 77.- Disposicións particulares aplicábeis ás actividades cualificadas.

Artigo 78.- Disposicións particulares aplicábeis ás actividades inocuas

Artigo 79.- Disposicións de carácter xeral.

CAPÍTULO XIV.- INSPECCIÓN, REVISIÓN E CONSERVACIÓN

Artigo 80.- Inspección e certificación das instalacións radioeléctricas

Artigo 81.- Conservación e revisión

Artigo 82.- Obrigados a cumprimento.

TÍTULO IV.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

CAPÍTULO XV.- RÉXIME E PROCEDEMENTO SANCIONADOR

Artigo 83.- Infraccións

Será obxecto de sanción o incumprimento das prescricións contidas nesta Ordenanza.

As infraccións clasificaranse en leves, graves e moi graves.

Consideraranse infraccións leves:

Consideraranse infraccións graves:

Consideraranse infraccións moi graves:

Artigo 84.- Prescrición das infraccións.

O prazo de prescrición para as infraccións moi graves será de cinco anos, para as graves de tres anos e para as leves de un ano e comezará a computarse desde o día en que se cometese a infracción ou, no seu caso, desde aquel en que debese incoarse o procedemento sancionador.

Artigo 85.- Suxeitos responsábeis

Consideraranse responsábeis directos das infraccións tipificadas nesta Ordenanza as empresas constructoras das obras, sen prexuízo das responsabilidades que se deriven ao titular da licenza.

Artigo 86.- Sancións

Na aplicación das sancións atenderase ao grao de culpabilidade ou dolo, importancia da falta cometida, perigosidade que implique a infracción, reincidencia ou reiteración e a entidade económica dos danos constitutivos da infracción.

As sancións impostas pola comisión de faltas moi graves prescribirán aos catro anos, as impostas por faltas graves aos dous anos e as impostas por faltas leves ao ano.

Artigo 87.- Reparación de deficiencias, danos e prexuízos

As sancións que se impoñan entenderanse sen prexuízo da obriga do infractor de repara-las deficiencias observadas no prazo que establezan os Servizos Municipais. Transcorrido dito prazo sen que se procedese a corrixir as deficiencias, o Concello efectuará, a cargo do infractor, os traballos necesarios. Así mesmo, será esixible a correspondente indemnización polos danos e prexuízos causados.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

No prazo de un ano, contado a partir da entrada en vigor desta Ordenanza, Concello creará un rexistro especial no que se inscribirán tódalas instalacións de emisión e recepción dos servizos de telecomunicacións existentes no Concello de Arteixo. A inscrición rexistral realizarase de oficio ou a instancia dos interesados, e conterá os datos relativos ao titular da licenza e ás condicións impostas para a autorización da instalación.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza entrará en vigor aos quince días de publicarse a súa aprobación definitiva e o texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia."