Aprobada inicialmente polo pleno da corporación de data vintesete de febreiro de 2003.

Aprobada definitivamente polo pleno da corporación de data vintenove de maio de 2003.

Publicada no BOP núm. 146 de data vintesete de xuño de 2003.


ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS PLANTACIÓNS FORESTAIS EN TERREOS AGRÍCOLAS

Exposición de motivos:

O artigo 45 da Constitución proclama o dereito que teñen os cidadáns para recrearse dun medio ambiente axeitado, máis o deber de conservalo, encomendándolle aos poderes públicos velar pola utilización racional dos recursos co fin de protexer e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar ese ben común.

Ás veces, a utilización deses recursos enfróntase co dereito que teñen os silvicultores, agricultores ou gandeiros, para poñer a producir nas súas respectivas propiedades rurais certas especies que resultan incómodas, máis que por cuestións técnicas, por mor dos lugares elixidos para a súa plantación (inmediatos a leiras de cultivos agrícolas, fontes, etc.) en desacordo coa evidente dedicación agrícola que o costume lle viña dictando aos labregos dos lugares respectivos.

Esas iniciativas forestais responden á conveniencia de utilizar unhas leiras improductivas como consecuencia probable dos fluxos evidentes desde o sector primario aos de industria ou servizos, e tradúcese no interese dos seus propietarios -en moitos casos herdeiros dos antigos labregos- de plantar árbores nos lugares que outros veciños teñen dedicado a outros labores agrícolas, sen coidar que o feito de poñer a producir as terras sen necesidade dunha atención frecuente, non é a máis correcta das utilizacións racionais que se lle poden dar a eses recursos.

A lexislación existente neste eido non cubre totalmente as expectativas que lle demandan os destinatarios xa que aos efectos de actividade agraria a producción forestal é parella coa agraria e máis coa gandeira e, pola súa banda, a lexislación forestal propiamente dita abrangue só os terreos forestais, entre os que non se atopan especificadas as leiras agrarias. Por iso, ao abeiro da Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local, da Lei 5/1997 da administración local de Galicia e demais disposicións de aplicación, e cumpridos os trámites formais correspondentes, esta Corporación municipal, aproba as seguintes disposicións:

Capítulo I. Disposicións xerais

Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación.

Artigo 2.- Definicións.

Aos efectos da presente ordenanza, entenderanse definidas as seguintes expresións:

Parcela, finca ou leira agrícola: a superficie continua de terreo, considerada para ese uso, na que un único titular de explotación realice un tipo de cultivo de índole agraria ou hortícola.

Terreo forestal: superficie cualificada como tal, na que vexetan especies arbóreas, arbustivas, de mato ou herbáceas, xa sexa espontaneamente ou procedentes de semente ou plantación, sempre que non fosen características do cultivo agrícola.

Nova plantación forestal: a plantación con especies forestais arbóreas que, afectando a calquera medida de superficie, teña finalidades económico-produtivas, e se pretenda realizar con posterioridade á entrada en vigor desta ordenanza.

Capítulo II. Da licenza municipal

Artigo 3.- Requisito de licenza.

Capítulo III. Normas aplicábeis ás novas plantacións

Artigo 4.- Distancias mínimas.

Artigo 5.- Plantacións en lugares afectados por dominios públicos.

* VER ANEXO

Artigo 6.- Preeminencia de distancias.

Aos efectos de aplicación desta ordenanza, e atendendo que razóns de orde técnica aconsellarán nalgún momento que as distancias aumenten ou diminúan en beneficio e protección dos dominios públicos hidráulico, terrestre, marítimo-terrestre ou arqueolóxico, prevalecerán os intereses destes sobre a defensa doutros de índole distinta, motivo polo que gardan preeminencia sobre as distancias sinaladas no artigo 4, as que se determinen nas autorizacións outorgadas polos órganos substantivos competentes para as plantacións que atinxan ás distintas zonas que constitúan os referidos dominios públicos.

Artigo 7.- Novas plantacións do xénero "eucaliptus".

Artigo 8.- Outras plantacións suxeitas a distintas técnicas de defensa ambiental.

Por mor do contido nos Decretos da Xunta de Galicia 442/1990, do 13 de setembro (DOG 188), de avaliación do impacto ambiental, e 327/1991, do 04 de outubro (DOG 199), de avaliación de efectos ambientais, acordes coa lexislación básica estatal (Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 26 de xuño -BOE 155-), quedan suxeitas a avaliación de impacto ou de efectos ambientais, segundo o caso, as primeiras repoboacións, plantacións ou sementeiras de especies forestais que se pretendan executar sobre terreos que, durante os últimos dez anos estivesen desarborados.

Capítulo IV. Procedemento sancionador e infraccións

Artigo 9.- Incoación do procedemento.

Artigo 10.- Infraccións.

Artigo 11.- Clasificación das infraccións.

As infraccións tipificadas no artigo anterior, clasifícanse en leves, graves e moi graves.

Infraccións leves: considéranse leves as sinaladas nos apartados 2.1 e 2.5.

Infraccións graves: consideraranse graves as que se citan nos apartados 2.2 e 2.3.

Infraccións moi graves: estimaranse así as accións figuradas no apartado 2.4.

Artigo 12.- Sancións.

De acordo coa competencia conferida aos concellos en materia de procedemento sancionador no artigo 45.1.b) da Lei 1/1995, de 02 de xaneiro (DOG 29), de protección ambiental de Galicia, as infraccións tipificadas nesta ordenanza, serán sancionadas con multa de ata 6.000 euros, establecéndose, segundo clasificación, as seguintes contías:

No caso de que sexa inviable o outorgamento da licenza, a imposición da multa levará aparellada a reposición das cousas ao seu primitivo estado e maila restauración do medio afectado.

Artigo 13.- Plantacións non autorizadas en zonas de dominios públicos.

As novas plantacións que sen autorización se realicen nas zonas afectadas polos distintos dominios públicos citados no artigo 5 desta ordenanza, serán obxecto de denuncia diante dos respectivos órganos substantivos competentes, nos que está domiciliada a correspondente potestade sancionadora.

Artigo 14º. Requirimentos.

Unha vez resolto o expediente sancionador, requirirase ao responsable da infracción para que se axuste á legalidade no prazo máximo de un mes, e transcorrido este sen cumprir o requirimento, sen necesidade de nova notificación, procederase á execución subsidiaria co cargo ao seu custo das correspondentes costas.

Disposición derradeira.

Esta ordenanza entrará en vigor aos quince días de publicarse a súa aprobación definitiva e o texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia."

ANEXO Á ORDENANZA

(Referido no artigo 5.6 da mesma)

Plantacións en fundos limítrofes con cursos de auga.

As marxes ou terreos que limitan cos cursos de auga, están suxeitos en toda a súa extención lonxitudinal:

(Do artigo 6.1 do Texto refundido da Lei de Augas e dos artigos 5 a 10 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico).

Plantacións en terreos lindeiros coa costa.

Os terreos lindeiros co dominio público marítimo terrestre están suxeitos:

(Dos artigos 20 ó 26 da Lei de Costas e dos artigos 43 ó 51 do Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da Lei de Costas).

Plantacións en leiras que limitan con estradas.

Anterior redacción do artigo 5

Artigo 5.- Plantacións en lugares afectados por dominio públicos.

Nova redacción do artigo 5

Artigo 5.- Plantacións en lugares afectados por dominio públicos.