Promoción Económica
Formación
Desde o ano 1988, o Concello de Arteixo colabora co Servizo Público de Emprego de Galicia e coa Consellaría de Traballo e Benestar impartindo formación dirixida prioritariamente a demandantes de emprego a través dos cursos AFD. Ademais de este tipo de accións, o departamento de Formación e Emprego pon en marcha anualmente un Plan de Formación Municipal dirixido tamén a persoas desempregadas, onde se teñen en conta as demandas do mercado laboral a hora de elixir as especialidades formativas.
Apoio á creación de empresas. Axudas á creación de Empresas.
- Sensibilizacióan e motivación na cultura emprendedora.
- Información e asesoramento na elaboración do plan de empresa e nos trámites de constitución. Titoría durante a posta en marcha e a consolidación da empresa.
- Información e asesoramento sobre axudas e subvencións das diferentes administración.
- Formación e consolidación da empresa.
Apoio ao sector empresarial. Axudas á contratación
- Información e asesoramento xeral.
- Información, asesoramento e acompañamento de axudas e subvencións das diferentes administracións.
- Fomento da formación e cooperación empresarial.
- consolidación do texido empresarial a través da mellora competitiva.
- Desenrolo económico do municipio e captación de fondos finalistas.
Apoio ao sector comercial
- Ordenación e modernización do sector comercial.
- Fomento do comercio e asociacionismo.
- Dinamización comercial.
- Formación comercial.
- Campañas de promoción.
Apoio ao desenvolvemento rural
- Participación en programas de desenvolvemento rural.
- Promoción do sector agrario e forestal.
- Dinamización da contorna rural.
- Apoio á diversificación da economía rural.
Enlaces
- http://www.ccaarteixo.com/
- http://www.igape.es/axudas
- http://www.ico.es/web/ico/home
- http://www.updcoordinalocal.org
- http://traballoebenestar.xunta.es
- http://gdr29.blogspot.com
- http://www.poligonosabon.org
- http://www.bicgalicia.org/
Punto informativo de renovación da demanda de emprego
Este punto de información permite renovar a demanda do SPEG mediante a pegada dixital, así coma acceder ao portal de emprego ( http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/ ) do Servizo Público , consultar as ofertas de emprego en difusión , cursos de formación e as páxinas web de diferentes servizos públicos de emprego, autonómicos e estatais.
As persoas usuarias que desexen realizar a renovación da demanda a través deste sistema, deberán acudir á súa oficina de emprego para darse de alta a través do rexistro da pegada dixital. Unha vez realizado dito rexistro poderán proceder á renovación da demanda nas datas sinaladas en calquera dos puntos de información distribuídos en toda a Comunidade Autónoma.