Skip to main content

Feira Histórica

 

 Feira Histórica

 

Todos os anos, na terceira fin de semana de outubro, Arteixo ofrece a posibilidade de viaxar á época do 1900. Cada edición dedícase a unha temática diferente: o mar, o amor, a emigración... tal como se vivía na época comprendida entre os anos 1900 a 1950.As persoas que acuden á feira, se é vestida de época moito mellor, poden visitar exposicións fotográficas e de obxectos antigos, gozaren vendo a carreira de carrilanas , bailar coa música de orquestras e grupos, participar en xogos populares da época, cear na gran cea baile 1900 do sábado pola noite, entre outras moitas actividades relacionadas segundo a temática de cada ano. 

O Concello de Arteixo invita a todos os asistentes a vestiren coa roupa típica do ano 1900. Evidentemente, o devandito requisito non é obrigatorio.

 

Feira Histórica 2

Feira Histórica

 

 


Homes: a pesar da grave recesión económica da época, a xente coidaba en extremo o seu aspecto e as súas formas. Podemos ver en fotos desa época que o home acostumaba  vestir con traxe máis ou menos raído, gravata e boina, mesmo nos seus labores cotiáns. E por suposto, nun día de festa como este non podía faltar o "chapeo".

Mulleres: A roupa marcáballes moito a cintura e o busto para ensancharse logo na cadeira, pero ían tapadas ata o colo, os nocellos e os pulsos. O pelo sempre recollido en moños de rosca altos ou con atavíos rústicos cubertos por un pano da cabeza.

Pode ser moi útil como orientación consultar algunha fotografía da época ( aínda que naquela altura a fotografía só estaba ao alcance dos máis podentes, e non se verán seguramente vestimentas de xente que se dedicaba a vender nun posto de feira), anuarios, hemeroteca, etc...ou lembrar o aspecto de certas persoas ilustres do momento, como Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Unamuno... A roupa que hoxe en día viste a xente maior das zonas rurais pode ser bastante apropiada, xa que nese ámbito a "moda" non evolucionou demasiado.

 

Feira Histórica 4

 

Inicios 

Hai doce anos, no ano 2000, xurdiu a idea de crear unha feira histórica dentro dos actos homenaxe ao escritor Manuel Murguía, aproveitando que a Xunta de Galicia dedicaba ese ano ao escritor.

 

Feira Histórica 5

 

 A finalidade da Concellaría de Cultura foi organizar un "acto cultural popular" de gran calado entre a veciñanzae con proxección fóra do Concello de Arteixo nunha época do ano con poucas festas ou actos en xeral. 

Posteriormente fóronselle engadindo novos obxectivos como promover o coñecemento do patrimonio cultural galego (lingua, usos, costumes, oficios, vestimenta...); poñer en valor a nosa cultura entre a xente nova e promover economicamente a feira e o comercio local.