Recomendacións para a cabalgata de reis do 5 de xaneiro
19 December 2019
As/os nenas/os:
Que respecten as filas e non recollan caramelos próximos ás carrozas.
Que lembren que os Reis traen caramelos para todas/os.
Que obedezan as indicacións das/os organizadoras/es.
Para as/os ocupantes das carrozas:
Que os caramelos deben lanzarse altos evitando danar as persoas ou a outras/os nenas/os (non usalos como armas arroxadizas).
Aos maiores:
Que en ningún momento perdan ás/ós nenas/os de vista, nin permitan que se acheguen moito ao paso das carrozas, especialmente nas zonas estreitas e curvas. Que lles ensinen a respectar as normas.
Que os paraugas utilizados para recoller caramelos supoñen un perigo para os resto das persoas.
Que deben facilitar ás/aos nenas/os o contacto coas súas SS MM, deixándolles ocupar as primeiras filas.
Que extremen a precaución coas sillas e carritos infantís das/dos nenas/os para que non sobresaian da liña do público.
Para todas/os:
Que sigan as instrucións impartidas pola Policía Local referidas a situacións de emerxencia ou alarmaterrorista.