Os rincóns de Arteixo protagonizan unha nova edición do calendario municipal
O Concello de Arteixo, a través súa Concellaría de Turismo convoca o Concurso Fotográfico #OMeuRecunchoDeArteixo, co obxecto de que as fotografías gañadoras se recollan no Calendario Municipal do ano 2021.
Como xa vén sendo habitual, o Concello realiza un concurso fotográfico para ilustrar o calendario de cada ano coas imaxes gañadoras. Este ano a temática serán eses recunchos que teñen un significado especial para os arteixáns, ben sexa pola súa beleza, historia ou significado persoal para o/a autor/a da imaxe.
Para participar haberá que enviar a imaxe en calidade e formato suficiente ben a través do formulario dispoñible na web Arteixo.org, ou a través das ligazóns nas publicacións que se farán nas diferentes redes sociais do Concello.
O prazo de presentación de fotografías iniciarase o sábado 10 de outubro e rematará o día 31 de outubro de 2020 ás 23:59 h. Durante este prazo os usuarios poderán votar a súa imaxe favorita sendo o voto popular unha das puntuacións que xunto cos votos do xurado decidirán os gañadores do concurso.
Aparte do recoñecemento de formar parte do calendario 2021, repartiranse un total de 1.900€ en premios, sendo 500€ para a foto que máis puntos totais obteña, 300 € para a segunda, 200€ para a terceira e 100€ para as nove seguintes clasificadas.
As fotografías deben de se entregar no seguinte enlace non antes do 10 de outubro. Aquelas que cheguen antes de esa hora serán descalificadas automáticamente.
