As bibliotecas municipais xa teñen a súa app para dispositivos móbiles
A Rede de Bibliotecas Municipais xa dispón dunha app para dispositivos móbiles dende a que acceder a préstamos, renovacións ou consultar todo o seu catálogo bibliográfico e audiovisual.
O sistema de xestión Sophia, que xa estaba dispoñible en versión web, é agora descarregable para móbiles e smartphones a través dunha app de uso exclusivo para estas plataformas.
A información relativa ao seu uso, desde onde se poden descargar as diferentes versións de SophiA Bibliotecas (Android e iOS de Apple) a tedes na seguinte ligazón ao noso blog Palabra de Biblioteca:
https://palabradebiblioteca.wordpress.com/2021/04/29/sophia-opacweb-e-apps/