O Paseo Fluvial medrará un quilómetro
O Paseo Fluvial de Arteixo medrará un quilómetro nos próximos meses. Trátase do proxecto de ampliación que planifica o executivo local e que extenderá a actual ruta dende O Foxo ata a zona de Candame. Os traballos teñen un coste de 123.000 euros.
A senda se iniciará na Praza Alcalde José Naya, preto do Centro de Saúde, e se prolongará ata a Rúa Hospital.
O proxecto, para o que nas próximas semanas se inciarán as expropiacións necesarias, pasará a carón do Muiño Vello e inclúe a construcción de dúas pequenas prazas.
A senda se executará sobre unha pasarela de madeira fixada ó terreo para conseguir así salvar as diferentes alturas sen ter que realizar recheos sobre o terreo natural.
Os traballos precisarán de desbroce do terreo, novas canalizacións de servizos, xardinería e a construcción dunha ponte de madeira.
O executivo local xa solicitou á Consellería de Medio Ambiente a autorización deste proxecto mentres que Augas de Galicia xa finalizou o prazo legal de exposición para a presentación de alegacións.