Pistas de pádel e tenis completarán a infraestructura da zona deportiva municipal
Serán catro pistas de pádel e unha pista de tenis. O proxecto que o concello levará a cabo nas inmediacións do Pazo dos Deportes e a piscina municipal se aprobará nos próximos días cun prezo base de licitación de 575.960 euros.
As pistas de pádel se cubrirán cunha superficie de 1215 m2 ás que se unirá a pista de tenis. Tamén contempla unha zona exterior pavimentada e unha zona verde que elevarán a superfice a un total de 2108 m2 construidos. A nova infraestructura disporá dunha valla perimetral de sete metros de altura.
Con esta actuación o concello daría por completadas as novas instalación do complexo de piscinas municipais que conta actualmente con máis de 7.600 usuarios.