As bibliotecas vístense de gala
A Biblioteca Municipal celebra os seus trinta anos de vida cunha gala que terá lugar o próximo 23 de abril, Día do Libro, no Auditorio do Centro Cívico e Cultural.
A xornada, a partir das oito da tarde, servirá para entregar os premios de narrativa breve que anualmente convoca este departamento do concello e para escoitar, de viva voz, a diversos protagonistas vinculados aos trinta anos de vida da biblioteca.
A velada estará acompañada pola actuación músico-poética de Miguel Queipo e Alberto Nombela e a obra "Folerpas de son".