Pasar al contenido principal

LIC

Dentro de Rede Natura 2000 distínguense os LIC ( Lugares de importancia comunitaria).Natura 2000 é a rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea, co obxecto de salvagardar os espazos naturais máis importantes de Europa.

O litoral arteixán forma parte do LIC Costa da Morte.

Este LIC esténdese dende Arteixo até Fisterra. O tramo correspondente á comarca da Coruña abrangue únicamente gran parte do litoral do Concello de Arteixo e acolle algúns dos valores naturais que converten este litoral nun dos máis valiosos de Galicia.

 

Mapa LIC

 

 

A gran protagonista é a praia de Barrañán, cun gran cordón dunar no que medran multitude de especies de plantas perfectamente adaptadas a un medio tan duro, caracterizado pola volatilidade do chan, os fortes ventos e o sal que estes traen do mar e a escaseza de auga doce. Unhas pasarelas de madeira e outros servizos fan posible harmonizar o goce do areal coa súa conservación.  De feito, cada verán, Barrañán acolle a numerosos bañistas atraídos polo seu carácter salvaxe.

Ás costas das dunas ábrese un val  polo que discorre o río Sisalde e no que un sendeiro peonil percorre este ecosistema. 

Cara o oeste, cantís de diversas alturas altérnanse con recollidas calas ( como por exemplo a de Sorrizo), porto natural moi acolledor onde aínda se poden observar as tradicionais lanchas de pesca.

Documentos: