A nova edición do concurso de escaparates de Nadal repartirá máis de 2.000 euros en premios
A Concellería de Promoción Económica, participación, xuventude e novas tecnoloxías, pon en marcha a XIV Edición do Concurso de escaparates de Nadal co que se pretende axudar á promoción de comercio local e incentivar a súa modernización e mellora ademáis de animar ós compradores nas datas navideñas.
Poden participar todos os comercios, servizos e hostalaría que desenvolvan a súa actividade no noso termo municipal. Os interesados teñen de prazo para se inscribir ata o 7 de decembro.
Os participantes deberán ter decorados os seus escaparates, con motivos navideños, cando menos entre o 10 de decembro e o 5 de xaneiro de 2020. Un xurado poderá examinar as creacións a partir do 10 de decembro entre as seis da tarde e as nove da noite.
O Concello repartirá máis de 2000 euros en premios. Serán 900 euros para o mellor escaparate; 600 para o segundo e dous premios de 300 euros. Un para o terceiro clasificado e outro como accésit á orixinalidade.