Xuventude lévate a facer rafting ao río Ulla
O Servizo Municipal de Xuventude organiza unha actividade de ocio e aventura, " RAFTING POLO RÍO ULLA " dirixida á mocidade de entre os 12 e os 30 anos con preferencia para as persoas empadroadas en Arteixo.
- Organiza: Departamento de Xuventude
- Datas de celebración: 22 de maio
- Horario: saída ás 8:30 da Oficina de Turismo de Arteixo, regreso aproximado ás 15:30 h.
- Prezo: 25 €( maiores de idade ), 12, 50 € ( menores de idade ) Inclúe transorte, monitorado, seguro da actividade e pic-nic.
- Inscrición e información:
- De xeito presencial no Departamento de Xuventude ( sito nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes )con cita previa. 981659180
- A través do correo electrónico xuventude@arteixo.org
- A través do formulario https://forms.gle/VkvR1zer4UAybV887
- Organiza: Departamento de Xuventude
Procedemento de inscrición: inscrición directa do 7 ao 14 de maio.. O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Departamento de xuventude ( Oficinas de Deportes ) con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ( Departamento de xuventude ) con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección xuventude@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).
NORMAS DE FUNCIONAMENTO
- Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
- No caso de que o Departamento de Xuventude detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
- De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.