Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para actividades deportivas 2017.
O Servizo Municipal de Deportes ten como misión promover e facilitar o acceso á práctica deportiva de toda a veciñanza de Arteixo como medio de mellora da súa calidade de vida. Neste sentido debe potenciar o asociacionismo, implicando aos axentes sociais comunitarios, para o cal o Servizo de Deportes utiliza a fórmula das subvencións en réxime de concorrencia competitiva para colaborar con asociacións, federacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro.
En virtude da Ordenanza xeral reguladora da concesión de subvencións municipais aprobada polo Pleno da Corporación en sesión de data 30 de abril de 2009, para o fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no Concello de Arteixo, destinada a apoiar:
- Ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte pata todos, organización de eventos deportivos, así coma na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de deportes.
- Aos deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición. As axudas obxecto desta convocatoria irán dirixidas a consolidar a progresión do rendemento dos deportista
A Xunta de Goberno Local acordou aprobar a convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta os seguintes condicionantes:
- Crédito: 19.500,00 € máximo
- Prazo presentación solicitudes: un mes a contar dende o día seguinte á súa publicación no BOP (24 de abril)
- Prazo para xustificar: 30 de novembro de 2017