Axudas municipais á contratación ano 2017
O prazo de solicitude será ata o 3 de novembro de 2017 e podes consultar máis datos no BOP de 7 de xuño de 2016.
As solicitudes, xunto coa documentación requerida, deberá presentarse preferentemente no Rexistro de Promoción Económica e Turismo, sito no Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias, Parc. 46 (Pol.Ind.Sabón).
Documentación a aportar:
- Relativa a Empresa
- D.N.I. ou documentación equivalente para os extranxeiros da persoa que asina a solicitude. No caso de sociedades, poder suficiente para actuar no nome da entidade do/a representante.
- C.I.F., escritura de constitución e inscripción no Rexistro Mercantil, no caso de persoas xurídicas.
- Alta no Censo de Obligados Tributarios e alta no Imposto de Actividades Económicas, do solicitante.
- Solicitude segundo o modelo do Anexo I.
- Declaración responsable segundo o modelo do Anexo II.
- Modelo de designación de conta bancaria.
- Relativa ao Traballador
- Fotocopia compulsada do D.N.I. dos/as traballadores obxecto de contratación.
- Informe da vida laboral actualizada do traballador con data posterior a contratación.
- Contrato de traballo rexistrado polo Servicio Público de Emprego de Galicia.
- Certificado de minusvalía ou xustificante de ter recoñecida unha incapacidade permanente en grao total ou gran invalidez (no caso de contratación de persoas discapacitadas).