Ir o contido principal

316.000 euros para subvencións a entidades deportivas no ano 2021

O Concello adica en 2021 un total de 316.000 euros en subvenciòns deportivas. Concédense a través das bases de concurrencia competitiva aprobadas no último pleno.

As axudas deportivas beneficiarán a máis de trinta asociacións de diversas disciplinas deportivas co obxectivo de que promocionen a práctica deportiva entre os veciños.As entidades poderán comezar a presentar a documentación pertinente a finales deste mes ou principios de xuño.

O obxecto desta convocatoria ven a desenvolver as actuacións de promoción do deporte en beneficio do desenvolvemento deportivo local, destinadas a apoiar a entidades deportivas e deporrtistas individuais. Nestas bases os principais cambios ou novidades son os seguintes:

  • Admitiranse como beneficiarios a deportistas de entidades deportivas de Arteixo, de alto nivel recoñecidos polos organismos competentes independentemente de que o seu club sexa beneficiario da subvención. Neste caso atoparíanse os deportistas que na data da solicitude sexan recoñecidos como DGAN (Deportistas Galegos de Alto nivel), ou deportistas DAN ( deportistas de Alto Nivel), que así estén nomeados por resolución da presidencia do Consejo Superior de Deportes e en consecuencia aparezan publicados como tales no correspondente BOE. No caso de deportistas que sexan no momento da solicitude medallistas nacionais da súa modalidade, valorarase por unha comisión avaliadora si procede ou non a percepción da subvención
  • Admitiranse como gastos sufragables o equipamento de seguridade e prevención inventariable no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19 (mamparas, sistemas de ventilación, sistemas de dispensadores de hidroxeles, sistemas de toma de temperatura, etc.).
  • Ponderarase a % de empadroados no número de licencias federadas para a promoción do deporte federado
  • Debido á situación sanitaria actual, na celebración de eventos deportivos só se terán en conta a realización de eventos oficiais de carácter federado e con relevancia que se atopen determinados nos calendarios da correspondente federación e atribuídas a fases finais de competicións autonómicas ou nacionais, tendo en conta que hay outro programa subvencionable nas mesmas bases que contén aqueles programas de fomento de actividade física saudable
  • Na ponderación dos diferentes resultados obtidos polas entidades e deportistas individuais, teranse en conta as dúas temporadas anteriores

Arteixo espera que nos próximos meses se poida recuperar os niveles de acvtividade deportiva precovid, cando máis de 16.000 personas en Arteixo estaban apuntados nalgún equipamento municipal para practicar algún deporte, unha das cifras, proporcionalmente falando, máis altas de Galicia.

Á parte dos acordos coas distintas asociacións e clubes, o departamento de Deportes do concello de Arteixo, que dirixe Purificación Zas, ofrece tamén cerca de corenta modalidades nas escolas deportivas municipais. O Programa de Escolas Deportivas Municipais é o principal programa de fomento do deporte e actividade física en Arteixo. Á parte de estas actividades, o departamento tamén promove aquelas actividades que se realizan en instalacións municipais, aínda que fora do sistema das Escolas Deportivas Municipais, como as actividades da piscina municipal .