O Concello consigna 80.000 euros de axudas á mobilidade para persoas con diversidade funcional
O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes de axudas á mobilidade para persoas con diversidade funcional e/ou con dependencia acreditada.
.-Consignación orzamentaria: 80.000,00€ con cargo á partida orzamentaria da Concellaría de Servizos Sociais.
.-Prazo de presentación de solicitudes: desde o día seguinte ao da súa publicación no BOP e ata o 15 de novembro de 2018. (Publicación no BOP nº 237 de 15 de decembro de 2017)