Axudas Galicia Rural Emprende
Obxecto:
Axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que contribúan á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
Requisitos:
- Non ter comezado o proxecto antes da presentación da solicitude de axuda.
- Os gastos ou investimentos deben estar localizados en Galicia.
- Creación dun mínimo dun emprego.
Prazo (por medios electrónicos):
Presentación de solicitudes do 26.01.2018 ao 25.03.2018 a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
Máis información:
CONCELLO DE ARTEIXO
Concellería de Promoción e Desenvolvemento
Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46 (Arteixo)
Tel. 981640572