Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria (Xunta de Galicia)
Obxecto e finalidade:
Inserción laboral das persoas desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade, a través dos seguintes programas:
- Bono de contratación, subvencións para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.
- Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por esta orde, para mellorar os coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Ámbito temporal
Contratacións realizadas entre o 01.10.2017 e o 15.10.2018.
Prazo de solicitudes
O prazo para as solicitudes dos bonos de contratación e formación presentaranse no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato (prazo máximo 15.10.2018), obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia