Arteixo e Culleredo impulsan liñas de transporte comúns
As novas liñas ofrecerán servizo ós núcleos de A Zapateira e outros situados nos lindes de ambos municipios como Souto, Orro, Boedo e Loureda.
O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e o de Culleredo José Ramón Rioboo reuníronse hoxe para abordar a necesidade de traballar na posta en marcha de liñas de transporte común e a demanda para satisfacer as necesidades de veciños de ambos municipios que convivan en zonas limítrofes.
A posta en marcha desta medida podería beneficiar a máis de 2000 veciños, uns 700 de concello de Arteixo.
Calvelo e Rioboo pretenden mancomunar este servizo que daría así resposta á demanda dos veciños de un e outro concello.
Concretamente, os dous alcaldes, definen tres liñas para incrementar a mobilidade dos residentes na súa conexión coa cidade de A Coruña. As novas liñas darían servizo ós núcleos de A Zapateira e tamén ós núcelos que limitan nas proximidades da estación de Uxes como Souto e Orro. O terceiro eixe serían os núcleos de Arteixo que se comunican a través do val de Loureda con núcleos de Culleredo como Boedo