III Encontro de experiencias ArteixoInnovación: educaTIC
Consiste nun relatorio de experiencias de educación coas TIC que se desenvolven nos centros de ensino do termo municipal de Arteixo nos niveis de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional para que todos eles poidan dar a coñecer o seu traballo no ámbito das TIC. Nestas xornadas, por un lado o profesorado presentará a súa forma de traballar pero por outro lado serviralle de formación, xa que vai coñecer de primeira man o traballo realizado polos demais centros educativos do termo municipal.
O profesorado dos distintos centros educativos que leva anos traballando activamente na implantación das iniciativas que en cada centro se están levando a cabo actuará como ponente principal.
Tamén haberá ponentes externos de recoñecido prestixio:
- Anxo Carracedo Editor da revista Forensic Science International: Genetics é membro do consello editorial de numerosas revistas internacionais de xenética e medicina forense.
- Luz Veloso Licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura pola facultade de Salamanca, é Profesora de Educación plástica visual e audiovisual dende 1993 en Galicia, imparte clases actualmente no IES as Barxas de Moaña (Pontevedra)
- Rubén Molinero Coordinador TIC e de Formación no CEIP Balaídos dende 2014. Gañador de premios como: O Mobile Learnig 2015 da revista Educación 3.0, o Accésit á mellor experiencia de integración das TIC na aula da fundación Impuls en 2016.
- Pablo Carpintero Doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música
As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse ata o día 4 de maio entregando a folla de inscrición presencialmente no Departamento de Educación ou remitíndoa ao correo electrónico educacion@arteixo.org. As prazas son limitadas ata completar aforo. A formación está pendente de homologación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenanción Universitaria.
Dentro do programa levaranse a cabo outras actividades complementarias:
· Eu e as miñas circunstancias. Xornadas de formación e información dirixidas ao alumnado da ESO, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos de Arteixo. Levarase a cabo en horario lectivo.
· Concurso de ANPAS
· Exposición tecnolóxica
· Talleres de robótica para nenas e nenos de 6 a 16 anos
Poden obter máis información no teléfono 981647294