Subvencións para proxectos de expansión comercial 2017
OBXECTO
Proxectos de expansión do sector comercial retallista.
ACTUACIONS SUBVENCIONABLES
Gastos e investimentos que se realicen e xustifiquen entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 30 de novembro de 2017, e que afecten a:
1.- Posta en marcha de proxectos de expansión comercial coa apertura dun novo establecemento e contratación dun/dunha traballador/a. Gastos subvencionables:
- reforma do local
- adquisición de moblaxe
- mellora da fachada
- servizos profesionais para a elaboración do proxecto.
2.- Proxectos piloto pop up (apertura dun novo establecemento noutro concello distinto, por un prazo máximo de 2 meses). Gastos subvencionables:
- aluguer de local comercial,
- acondicionamento da superficie e fachada comercial
- adquisición ou alugamento de moblaxe.
3.- Titorización de proxectos de expansión dixital (plan de comunicación dixital dirixido ao seu posicionamento en plataformas dixitais e definir a súa estratexia comercial dixital).
PRAZO DE SOLICITUDES
Dende o 12.08.2017 ao 11.09.2017.