Ir o contido principal

Liga Municipal de Fútbol Sala

Futbol Sala Arteixo

Atención aos equipos:

  • Teléfonos: 645110947 / 981913638
  • Correo-e: arteixofutbolsala@moveservicios.es

 

Competición:

Poderás consultar a clasificación de cada categoría, as crónicas dos partidos, os calendarios e as estadísticas (goleadores, tarxetas), no seguinte link: Liga Municipal de Fútbol Sala

Calendario

Resultados División de honra
Resultados Primeira
Resultados Segunda
Resultados Segunda "B" 
Resultados Terceira
Resultado Veteranos
Clasificacións
Deportividade
Sancións

-->

 

Temporada 2019-2010

Publícase a relación de equipos renovados para a tempada 2019/2020 na liga municipal de fútbol sala do Concello de Arteixo. Desde o servizo municipal de deportes infórmase que, segundo as renovacións dos equipos participantes na tempada pasada, quedan libres as seguinte prazas:

 

  • Categoría sénior: 1 vacante para equipos empadroados
  • Categoría de veteranos: 0 vacantes

 

  • Exposición de equipos preinscritos: A partir do 18 de setembro na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 20 de setembro ás 11:00 h no Salón de Plenos Municipal
  • Exposición da listaxe de equipos admitidos: A partir do 23 de setembro na páxina web municipal
  • Prazo de matrícula: Os equipos admitidos terán un prazo (24 de setembro – 4 de outubro) para formalizar a matrícula na liga, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Pazo dos Deportes en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  • Documentación de matrícula
    • Folla de inscrición cos datos do equipo e dos xogadores
    • Fichas de todos os xogadores: dúas fotografías e unha fotocopia do D.N.I por xogador
    •  Xustificante de pago: Recollerase no Pazo dos Deportes ou recibirase por mail una vez facilitados os datos oportunos para a súa tramitación para abonar no banco o prezo público de inscrición da liga de fútbol sala. (Nome ou razón social, DNI ou NIF, dirección postal e correo electrónico)
    • Entrega da documentación e xustificante de pago antes das 22.00 h do 4 de outubro no Pazo dos Deportes
    • Todo aquel que entregue fóra de prazo calquera documentación, pasará á lista de espera para poder inscribirse, perdendo os dereitos adquiridos