Ir o contido principal

O alcalde presenta aos grupos da oposición a segunda liña de axudas para os autónomos

O alcalde Carlos Calvelo presentou hoxe aos partidos da oposición a segunda liña de axudas desitnadas aos autónomos afectados pola crise do coronavirus. 

Trátase de axudas dirixidas a todos aqueles autónomos que, aínda que non tiveran que interromper a súa actividade, sofriran unha baixada na súa facturación superior ao 50%. 

As axudas, por tramos, serán de 1000 euros de mínimo ata os 1.800 euros como máximo. Repártense do siguiente xeito. Os que viran reducida a súa facturación entre un 50% e un 60% recibirán 1000 euros; entre o 60 e o 65% 1.100 euros; do 65 ao 70% 1.200 euros; entre o 70 e o 75% recibirán 1.300 euros; entre o 75 e o 80% será de 1.400 euros; entre o 80 e o 85% percibirán 1.500 euros. 1600 euros para os que reduciran a súa facturación entre o 85 e o 90%. 1700 euros para aqueles que a reduciran entre o 90 e o 95% e 1.800 euros para aqueles que perderan máis do 95% da súa facturación. 

As bases destas axudas aprobaranse en pleno extraordinario a semana próxima e a partir dese momento publicarase nos diarios oficiais para comezar o prazo de inicio de presentación das solicitudes. O concello comunicará a semana próixma o día no que comeza o prazo de presentación.