Ir o contido principal

O Pazo dos Deportes acolle unha nova edición da Xuntanza de Judo

Centos de alumnos dos centros educativos de Arteixo teñen unha cinta o domingo próximo na decimoprimeira edición da Xuntanza de Judo. 

Será no Pazo dos Deportes entre as 12.30 e as 13.30. O evento sirve para que o alumnado da actividade extraescolar de judo que ten lugar nos centros educativos ao longo de todo o curso amosen  parte do aprendido ao longo do ano.. Esta actividade supón a clausura da tempada. 

Un día antes, o sábado, a Federación Galega de Judo volve a fixar Arteixo como centro das súas xornadas de formación, as segundas, nas que os profesores de judo poden complementar os seus coñecementos. Será no Pazo dos Deportes o sábado 15 en horario de mañá e tarde, e o domingo 16 de xuño en horario de mañá.