Ir o contido principal

O Porto amplía o paseo marítimo de Arteixo en máis de seis quilómetros

A Autoridade Portuaria de A Coruña ven de publicar no Boletín Oficial do Estado a licitación das obras correspondentes ó proxecto de peche perimetral do Puerto Exterior, que terán un presuposto de 861.177 euros e un prazo de execución de oito meses.  

A obra consiste na instalación dunha valla de peche en todo o perímetro das instalacións portuarias de Punta Langosteira para as adaptar á normativa vixente en materia de serguridade. 

O exterior do peche, e dentro da zona portuaria, se construirá unha senda peatonal e ciclista de catro metros de ancho, cun firme composto de zahorra e un dobre tratamento superficial. O novo camiño discorrerá paralelo ó peche, salvo en zonas onde non sexa posible e nas que se dará continuidade a través de camiños existentes que se adecuarán para facilitar o tránsito. 

O uso da nova senda será público e peatonal. Únicamente circularán os vehículos da policía portuaria que realizan labores de control e vixiancia. A valla terá 2,50 metros de altura e se apoiará sobre un zócalo de formigón de medio metro de altura.

Neste proxecto colaboraron o Concello e a Autoridade Portuaria co obxectivo de dar continuidade ás sendas peonís e rutas ciclistas que xa existen no municipio xa que o novo camiño unirá o porto de Suevos coa praia de Sabón e prolongará así o paseo que conduce á praia de Barrañán.

As obras se iniciarán en outono e está previsto que conclúan no primeiro semestre do ano próximo.