Ir o contido principal

Unha nova edición do concurso de tapas como aperitivo das festas

Chegarán a repartir 7.000 tapas. Todas a dous euros e para todos os gustos. Dende pato confitado ata atún ibéricos ou terneira. O novo concurso de tapas chega do 12 ao 21 de xullo para abrir boca antes dos festexos do Apóstolo que comezarán un día despois. 

Os veciños e visitantes poderán toas as tapas entre a unha do mediodía e as catro da tarde e de oito a once da noite. Para ter dereito a entrar nos sorteos haberá que probar, como mínimo, catro delas e pódese gañar un vale de 300 euros para consumir no comercio local. Ou botellas de viño. 

O centro comercial aberto dispón ademáis actividades complementarias coa fin de incentivar o consumo local. Así o 13 de xullo haberá un concerto na Praza das Viñas, ás 19.30 h co Bakim Blues Band Trío; e o día 20 un espectáculo de sombras, na Ría Médico Amenedo, a cargo de Alén con Paso de Valverde. 

tapas