Skip to main content

O certame Manuel Murguía aumenta os seus premios

O Certame de narracións breves Manuel Murguía terá na súa nova edición unha dotación para premios de 5.300 euros. Sube así esta apartado que na edición pasada outorgaba 3000 euros ao gañador; 500 euros ao segundo clasificado e 300 euros para o terceiro. A edición de 2019 conserva 4000 euros e publicación da obra para o primeiro premio; e aumenta a 1000 o premio do segundo e a 500 o do terceiro. 

A esta vixésimo oitava edición poden concorrer todas as autoras e autores que o desexen con unha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega. Á edición de 2018 presentáronse 63 relatos dos que resultou gañador Bochorno, de Charo Pita. 

As obras deberán enviarse facendo constar no sobre “28º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” até o 15 de febreiro de 2019 e o gañador o coñeceremos no acto habitual o 10 de maio. 

manuel murguía

 

Documentos: