Arteixo conmemora o Día Mundial da Parálise cerebral
A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación celebra o próximo 2 de outubro o Día da Parálise Cerebral.
A Asociación de pais de persoas con parálise cerebral da Coruña (ASPACE) desprázase a Arteixo para celebrar no Concello esta conmemoración, nun acto que terá lugar o día 2 ás 12:00 no campo da festa de Arteixo.
Este ano a campaña ten o título de "Dale la Vuelta" e está centrada en reclamar os dereitos das persoas con parálise cerebral e as numerosas vulneracións dos mesmos dereitos no día a día.
O acto central celébrase cada ano nun concello e este ano foi elixido Arteixo para compartir co alumnado de ASPACE esta xornada especial á que se invita a toda a veciñanza, colexios, institutos, escolas infantís, asociacións …
Ao acto asistirán autoridades da Xunta de Galicia, Inés Ramos, Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, xunto coa directiva e persoal de ASPACE, ademáis de todo o seu alumnado que se traslada ata este Concello.
Despois da lectura dun manifesto o persoal e mais o alumnado dirixirán unha actividade común na que pode participar todo o público que asista.