Axudas municipais á creación de empresas 2016
O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes segundo a convocatoria de subvencións á creación de empresas do ano 2016 publicadas no BOP do martes 7 de xuño de 2016, dentro do Programa de Axudas Municipais ao Fomento do Emprego para o ano 2016.
O prazo de solicitude será desde o 8 de xuño ao 15 de setembro de 2016.
As solicitudes, xunto coa documentación requerida, deberá presentarse preferentemente no Rexistro de Promoción e Desenvolvemento, sito no Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias, Parc. 46 (Pol.Ind.Sabón).
Consultar bases da convocatoria no BOP
Documentación necesaria:
- D.N.I. ou N.I.E
- Alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
- Alta no Imposto de Actividades Económicas.
- Informe de Vida Laboral.
- Licencia de actividade de ser o caso.
- Anexo I de solicitude.
- Anexo II de declaración responsable.
- Anexo III de memoria do proxecto empresarial.
- Anexo IV de xustificación da subvención.
- Anexo V relación de xustificantes.
- Modelo de designación de conta bancaria.